Alerta laranxa por vento

Alerta laranxa por vento

Febreiro 01/concello/Xeral

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 110 km/h (W e SW) que afectará a A Coruña (NW, W, e SW) Lugo ( A Mariña) e Pontevedra (Rias Baixas). Comezando as 00:00 h do día 01/02/2019 e prolongándose ata a maña do mesmo día.

Así mesmo con VENTOS con refachos de ata 100 km/h (W e SW) que afectará a A Coruña (Interior), Lugo ( Centro, Montaña e Sur) e Pontevedra (Interior). Comezando as 00:00 h do día 01/02/2019 e prolongándose ata a maña do mesmo día.

RECOMÉNDASE:

  • Evitar as actividades ao exterior.
  • Evitar os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas.
  • Recordar que co vento o mobiliario urbano puido terse desprazado e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación.
  • Non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores.
  • Afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estradas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento.
  • Retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.
  • Lembrar que o efecto de arrastre das choivas acaecidas pode provocar o desprendemento de terra e pedras.


RELATED POSTS