O prazo de matrícula para o novo curso da Escola de Música Samoeiro abre do 15 ao 26 de setembro

O prazo de matrícula para o novo curso da Escola de Música Samoeiro abre do 15 ao 26 de setembro

11 Setembro 2025/concello/Cultura

O 15 de setembro abre o prazo de matrícula para o curso 2025-26 da Escola de Música municipal da Pobra do Brollón.

As clases comezarán o luns 29 de setembro. Incorpóranse este ano dous novos profesores: Hadrián Rei quen impartirá acordeón xunto a música e movemento; e Álvaro Candal coas materias de percusión tradicional, gaita e iniciación á música tradicional. Iago Domínguez continúa coas clases de baile tradicional, e pandeireta e canto. Alfonso Campos tamén continúa ao fronte da coral.

A matrícula pode realizarse do 15 ao 26 de setembro a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, de luns a venres en horario de mañá (de 10:30 a 13:00 h). A Biblioteca está no segundo andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (Tlf. 982 430 546).

Horarios

Os horarios das materias serán os seguintes:

  • Pandeireta e canto: Luns 20-21:00
  • Baile tradicional: Luns 21-22:00
  • Música e movemento (4 a 11 anos): Xoves 15:45-16:45
  • Acordeón: Xoves 17-18:00
  • Iniciación música tradicional (9 a 14 anos): Xoves 18-19:00
  • Percusión tradicional: Xoves 19-20:00
  • Gaita: Xoves 20-21:00
  • Canto coral: Mércores e sábados 18-20:00

Información sobre o pago

A matrícula nunha materia terá un importe de 110€ para o curso completo. Cada materia adicional terá un importe de 60€.  O pago será anual con posibilidade de fraccionar o pago.

 



RELACIONADO