Aberto o prazo para que os establecementos se adhiran ao Bono Impulso da Deputación

Aberto o prazo para que os establecementos se adhiran ao Bono Impulso da Deputación

Maio 05/concello/Xeral

O programa Bono Impulso da Deputación de Lugo destínase ao fomento do consumo en establecementos comerciais e de hostalería (incluídos servizos de aloxamento), desenvolvidos por persoas empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas da Provincia de Lugo. 

En total a Deputación de Lugo subvencionará 17.000 bonos para o consumo nos establecementos adheridos á campaña, a través dun bono de carácter nominativo e territorial por valor de 30€ aplicable para un consumo a partir de 60€. Na Pobra do Brollón repartiranse 83 bonos.

Unha vez finalizada a fase de adhesión dos establecementos, abrirase un novo prazo onde poderán solicitar o bono calquera persoa maior de 18 anos que resida nalgún concello da provincia de Lugo. Estes deberan ser consumidos nos establecementos adheridos no seu concello de residencia.

O prazo para a adhesión de establecementos está aberto ata o 25 de maio 2021. Consulta máis información neste enlace



RELATED POSTS