Información sobre o aforro de auga

Información sobre o aforro de auga

20 Agosto 2025/concello/Xeral

Tendo en conta a época estival na que nos atopamos e ante a previsión de escaseza de auga pola seca, en aplicación do disposto na Ordenanza Fiscal nº 2.07ª reguladora da taxa polo subministro de auga, non se poderá facer uso da auga procedente da subministración municipal para:

  • O rego de hortas e xardíns.
  • Encher piscinas particulares e/ou elementos similares.
  • O lavado de vehículos, fachadas, e baldeo de patios, airas, etc.

A auga procedente da rede municipal de abastecemento debe destinarse exclusivamente para o consumo doméstico.

Dende o Concello controlaranse os consumos en edificios e instalacións municipais, espazos públicos en xeral e vixiaranse as perdas na rede de abastecemento.

Recoméndase a todos/as os/as veciños/as que realicen o máximo esforzo para o aforro da auga, e aínda que este bando é de aplicación ás parroquias que contan con abastecemento de auga municipal, tamén se recorda aos veciños/as dos núcleos que contan con abastecemento propio que a seca afecta a todos por igual e polo tanto é fundamental un uso responsable dun ben tan prezado e escaso.

Toda infracción contra o ordenado neste Bando, será sancionado segundo o disposto no artigo 3º , punto 5 da Ordenanza municipal reguladora da taxa polo subministro de auga.



RELACIONADO