Aumentan os supostos nos que se debe usar máscara para previr contaxios do Covid-19

Aumentan os supostos nos que se debe usar máscara para previr contaxios do Covid-19

Xuño 28/concello/Xeral

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG unha resolución na que matiza algunhas das normas para previr contaxios do Covid-19. Entre ditas normas, que xa están en vigor, aumentan os supostos nos que hai que usar máscara, e especifícase un protocolo estrito no caso de persoas sospeitosas de contaxio.

Uso de máscaras

O uso de máscara será obrigatorio sempre que se transite pola vía pública e en espazos ao aire libre cando non se poida garantir en todo momento a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Tamén será obrigatorio “sempre que se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público e se poida concorrer no mesmo espazo con outras persoas usuarias.” Exceptúanse os supostos en que se poida permanecer sentado se se adoptan medidas que garantan a distancia de seguridade interpersoal.

O tipo de máscara polo poboación xeral non debe ter válvula exhalatoria.

Persoas con síntomas ou sospeitosas de contaxio

Calquera persoa que presente síntomas deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario. A resolución describe os síntomas más comúns do Covid-19: “febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos”.

A persoa deberá evitar o contacto coas persoas cos que conviva “e, se é posible, usar unha habitación de forma exclusiva, ata recibir instrucións do seu servizo sanitario”.

No casos confirmados ou sospeitosos de Covid-19, as persoas afectadas deberán cumprir coa corentena indicada polos servizos sanitarios.

Estas e outras medidas pódense consultar no DOG neste enlace



RELATED POSTS