Xornadas medioambientais na Pobra do Brollón

Xornadas medioambientais na Pobra do Brollón

06 Xullo 2018/concello/Xeral

Separar con xeito para reciclar a feito!

Este é o lema da campaña que Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente están desenvolvendo para fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

A Pobra do Brollón acollerá dúas citas desta campaña: este Sábado día 7 durante a  Feira Medieval Guímara e o día 11 no campo da feira. Nesta mesma xornada,  aproveitando a presencia de Ecoembes na feira, desde o Concello organízase a xornada medioambiental “Menos residuos, Máis vida!!”. A actividade destinada a nen@s de entre 5 e 14 anos, desenvolverase na área recreativa de Sanugueiros en horario de 10:30h a 14:00h. Nela os rapaces coñecerán máis da reciclaxe de papel e botellas de plástico, ademáis farase recollida de lixo no parque e visita ao stand de Ecoembes.

Para participar nesta actividade é necesario inscribirse na Biblioteca Municipal antes do día 9 de Xullo.   



RELACIONADO