REDE DE RECURSOS TURÍSTICOS: ALDEA MINEIRA DA VENEIRA DE ROQUES

REDE DE RECURSOS TURÍSTICOS: ALDEA MINEIRA DA VENEIRA DE ROQUES

19 Xaneiro 2018/concello/Xeral

A aposta do concello da Pobra do Brollón por impulsar o turismo ten un dos seus pilares fundamentais na Rede de Recursos Turísticos. Coa creación da Rede preténdense divulgar e poñer en valor os principais recursos turísticos do concello. Dous puntos de referencia da rede son a Aldea Mineira da Veneira de Roques e o Xacemento Mineral de Roques, onde se acondicionaron sendeiros para acceder aos recursos e se colocaron paneis interpretativos.

A importancia e utilidade do ferro xerou unha ampla rede de instalacións mineiras para o seu aproveitamento. Destacan, por exemplo, As Minas de Roques cuxos inicios da actividade se sitúan durante o dominio romano, vivindo a época de maior esplendor entre o medievo e finais do século XIX. Ligado ao xacemento mineral de Roques aséntase no lugar un poboado, que naceu para acoller aos mineiros e que co paso do tempo pasa a ser unha aldea rural, A Veneira de Roques.

 



RELACIONADO