O Punto Limpo Móbil volve ás parroquias

O Punto Limpo Móbil volve ás parroquias

Xullo 30/concello/Xeral

O Punto Limpo Móbil retoma en agosto o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes. 

A primeira parada será en Parada dos Montes, onde estará xunto á igrexa parroquial do luns 2 ata o mércores 4 de agosto. 

Despois estará en Salcedo (do xoves 5 ao 8), en Lamaigrexa (do día 9 ao 12), e en Castroncelos (do 13 ao 15 de agosto). Iranse comunicando as sucesivas paradas na web e redes sociais do Concello.

Os refugallos que se poden depositar no Punto Limpo Móbil son os seguintes:

  • Pilas 
  • Medicamentos e os seus envases
  • Lámpadas e tubos fluorescentes
  • Aceite de cociña usado
  • Envases baleiros de pinturas e/ou vernices 
  • Tóners e cartuchos de impresora
  • Aerosois

Pregamos que se procure manter o Punto Limpo Móbil en boas condicións para que toda a comunidade do concello poida facer uso del. 



RELATED POSTS