Venres caninos da Pobra do Brollón

Venres caninos da Pobra do Brollón

04 Outubro 2018/concello/Xeral

Tes un can e queres gozar de todas as posibilidades que che pode dar teu amigo? Participa no venres caninos. A actividade será todos os venres, comezando o 19 de outubro a partir das 17.00 h, desenvolverase nunha finca na capitalidade municipal, fronte a área recreativa Samugueiros.

Ao longo das diferentes sesións os participantes aprenderán a entender e relacionarse cos cans e pasealos axeitadamente, tamén aprenderán conceptos de obediencia canina e pre-agility. Para elo contarase con educadoras caninas dos clubes Globus e Crean Vínculo. Faranse grupos de pequenos e adultos. Os participantes poden traer o seus cans (tras ser avaliados) ou aprender cos cans da organización. 

A actividade ten un custe de 5€ por sesión. Para participar é necesario inscribirse chamando ao 666 435 832.



RELACIONADO