Convócase o 2º concurso de carteis da Feira Guímara

Convócase o 2º concurso de carteis da Feira Guímara

14 Maio 2026/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón convoca o segundo concurso de carteis da Feira Guímara co gaio de seleccionar o cartel anunciador da XI Feira Guímara, que se celebrará o 11 de xullo de 2026.

O concurso pretende estimular a creatividade das persoas participantes sendo o cartel unha peza moi visible en todas as accións de comunicación que se realicen para esta nova edición da Feira. A proposta gañadora premiarase con 200 euros.

A Feira Guímara conmemora a revolta da veciñanza da Pobra do Brollón contra as inxustizas do Conde de Lemos en época medieval. Celébrase ao estilo dunha gran romaría no campo da feira, ao carón do río Rubín. Ademais da tradicional representación da batalla contra o Conde, a programación complétase ao longo da xornada con actuacións musicais, artesanía e postos de produtos locais.

Poderá concorrer ao concurso toda a poboación maior de 18 anos. O prazo de presentación está aberto dende o día seguinte á publicación das bases ata as 14:00 horas do 12 de xuño.

 



RELACIONADO