O Clube Guímaro Motor celebrou a súa Xornada Verde recollendo lixo no municipio

O Clube Guímaro Motor celebrou a súa Xornada Verde recollendo lixo no municipio

01 Novembro 2018/concello/Xeral

Desde e o seu nacemento, Guímaro Motor, colabora no coidado dos nosos montes.  Na pasada fin de semana celebraron a xornada verde, xornada que adican íntegramente a recoller lixo e vertedoiros que teñen controlados de cando andan polos montes. Neste ocasión recolleron, principalmente, pola contorna de Salcedo e Saa. Ata seis remolques de lixo de todo tipo, neveiras, mobles, cociñas, caixas,… Todo o lixo recollido polos voluntarios do Clube Guímaro Motor deposítase despois no punto limpo do concello.

Desde o concello agradecen a labor que fai o clube á hora de detectar puntos que funcionan como vertedoiros incontrolados e louban o esforzo dos voluntarios que adican todo un día a recoller, cos sus propios medios, parte destes despósitos de lixo.

O coidado dos nosos montes é responsabilidade de cada un de nós. O concello conta desde hai anos co servizo de punto limpo, onde os veciños poden depositar este tipo de residuos e voluminosos. Para facilitar, aínda máis, que os veciños poidan desfacerse deste tipo de residuos, cóntase cun servizo de recollida a domicilio. Para concertar cita, os veciños teñen que chamar ao concello no 982  430 001 e solicitar cita para concertar a recollida. 

Desde o concello fanse todos os esforzos posibles para que a veciñanza teña todas as facilidades para desfacerse deste tipo de residuos sen necesidade de tiralos no monte. Prégase a coboración dos veciños para coidar o noso medio e os nosos montes e insístese nas solucións que pon o concello á súa disposición para evitar volver a ver imaxes como estas, que a todos nos desagradan e entristecen.



RELACIONADO