Aberto o prazo para solicitar as axudas para bens no Camiño de Santiago

Axudas para bens no Camiño de Santiago da Axencia de Turismo de Galicia

Aberto o prazo para solicitar as axudas para bens no Camiño de Santiago

Decembro 18/concello/Xeral

A Axencia de Turismo de Galicia concederá en 2020 axudas para a mellora paisaxística e embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago; no caso do noso concello, no Camiño de Inverno. 

Na categoría 2 da subvención entran persoas físicas ou xurídicas titulares e arrendatarios dun ben moble ou inmoble, recurso ou elemento situado no Camiño de Santiago. Tamén comunidades de persoas propietarias, asociacións de veciños, e comunidades de montes.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 2 de xaneiro de 2020. Podes consultar toda a información sobre obxectivos, beneficiarios e requisitos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

No apartado de axudas e subvencións da nosa web podes atopar a lista de axudas da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.



RELATED POSTS