Xa se poden solicitar de novo os permisos para queimas

Xa se poden solicitar de novo os permisos para queimas

Marzo 25/concello/Xeral

A Consellería do Medio Rural permite de novo desde hoxe xoves, día 25 de marzo, tramitar permisos para facer queimas, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o sábado 27 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.

As comunicacións e solicitudes de autorización de queimas realízanse a través da web da Consellería do Medio Rural. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.



RELATED POSTS