Chega a segunda Foliada Guímara coa participación de Xerezade

Xerezade no festival Terra Brava

Chega a segunda Foliada Guímara coa participación de Xerezade

Novembro 07/concello/Cultura

(Na foto, membros de Xerezade nunha actuación do grupo no festival Terra Brava en 2019 / Autoría foto: Dani Castaño)

Este venres 8 chega a segunda cita do ciclo de foliadas organizado polo Concello da Pobra do Brollón e a Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, en colaboración coas diferentes asociacións veciñais do Concello.

Esta segunda Foliada Guímara será o venres a partir das 21:00 horas no local social de Óutara, en colaboración coa Asociación Veciñal desta parroquia. Será unha edición completa con actuación da formación tradicional Xerezade. Para repoñer forzas entre baile e baile, haberá magosto, caldo e lacón; e barra para hidratarse.

As coordenadas do local social de Óutara son: 42°38'27.9"N 7°23'14.0"W. E aquí a localización en Google Maps: https://goo.gl/maps/GwuNQPhrXTd2ZfDK8

As Foliadas Guímaras xorden co obxectivo de, primeiro, descentralizar a programación cultural do Concello para levala polas diferentes parroquias e, segundo, que os máis de cen alumnos da Escola municipal de Música poñan en práctica o aprendido nas clases. De todos os xeitos, son eventos abertos de participación libre e anímase a tódolos veciños da Pobra ou da contorna a achegarse.

Esta será a derradeira Foliada Guímara do ano, xa que en decembro hai outra data musical de peso no Concello, os Cantos de Taberna (o sábado 7 de decembro). O ciclo de foliadas retomarase en xaneiro de 2020. As datas e lugares compartiranse con antelación na web e redes sociais do Concello da Pobra do Brollón

.



RELATED POSTS