Abraham Cupeiro presenta en Salcedo o seu novo disco 'Pangea'

Abraham Cupeiro presenta en Salcedo o seu novo disco 'Pangea'

Setembro 16/concello/Cultura

Este venres 18 o multiinstrumentista Abraham Cupeiro presentará o seu novo disco, Pangea. O evento será ás 20:30 no Local Multiusos de Salcedo, na Pobra do Brollón.

O musicólogo sarrián, que ten sido descrito como ‘o home que resucita a música da Prehistoria’, tocará máis de 20 instrumentos que interpretou xunto á Royal Philarmonic Orchestra de Londres para o seu disco Pangea, gravado baixo o selo Warner Classics a finais de 2019.

Os asistentes escoitarán instrumentos ancestrais de todo o mundo, dende China ata o Amazonas; algúns tan peculiares como o karnyx, unha trompeta celta da Idade do Ferro, ou o evocador duduk, orixinario do este de Europa. 

Cupeiro presentará cada instrumento e buscará crear un serán espontáneo no que o público tamén pode participar facendo preguntas.

O evento é organizado polo Concello da Pobra do Brollón en colaboración coa Asociación Veciñal de Salcedo. 

A entrada é libre ata completar aforo. Respectaranse as medidas de seguridade e hixiene, e o uso de máscara é obrigatorio.



RELATED POSTS