Actividades de verán para nen@s

Actividades de verán para nen@s

Xullo 06/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón organiza diferentes actividades para o tempo de lecer dos cativos e cativas neste verán. Os obradoiros desenvolveranse de luns a venres en horario de 10.30 a 13.30; desde o 15 de xullo ata o 30 de agosto. As prazas son limitadas e teñen como destinatarios a nenos e nenas a partir de 4 anos, sendo imprescindible saber ler e escribir.

Contarase con obradoiros de lectura, escritura e manualidades, ademais de actividades ao aire libre. Para participar é necesario inscribirse na biblioteca municipal ou chamando ao 982 43 05 46.

Se buscas aventura lánzate á lectura e conseguirás unha correcta escritura. Anímate!!!



RELATED POSTS