Actualización 16/2 - Datos do Covid-19 no noso municipio

Actualización 16/2 - Datos do Covid-19 no noso municipio

Febreiro 09/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN martes 16/2

Tras a detección dun novo PCR positivo e as altas da última semana, a cifra actual de casos activos no noso municipio é de 11. 


Segundo os últimos datos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón recibidos na tarde de onte luns 8, no municipio houbo 3 altas pero 4 novos casos positivos por Covid-19.

Por tanto, temos actualmente un total de 15 casos activos no municipio. Tódalas persoas contaxiadas están en illamento e os seus contactos están en corentena.

Seguiremos informando a medida que teñamos máis datos relevantes.

Insistimos na importancia de seguir as medidas sanitarias en vigor para evitar novos contaxios. Consúltaas ao completo neste enlace.

  • Lembra que non está permitido xuntarse con persoas coas que non convivas (agás nas actividades xustificadas - por traballo, para coidar a unha persoa dependente...).
  • No caso de entrar en contacto con persoas non convivintes, mantén a distancia, usa a máscara e desinfecta as mans frecuentemente. Procura ventilar espazos pechados adecuadamente.
  • Está prohibido saír do municipio, agás para o imprescindible (ir ao traballo, a un centro sanitario ou educativo).


RELATED POSTS