Alerta amarela por chuvia e tormentas os días 17 e 18 de setembro

Alerta amarela por chuvia e tormentas os días 17 e 18 de setembro

Setembro 17/concello/Xeral

AEMET avisa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por tormentas e choiva, que segundo a previsión afectará as catro provincias de Galicia dende as 16:00 do día 17 de setembro ata a medianoite. 

O venres 18 prevese que afecte á Lugo (Montaña, Centro e A Mariña), A Coruña (Noroeste, Oeste, Interior) e Pontevedra (Interior) dende mediodía ata últimas horas da tarde-noite.

Dado o carácter destes fenómenos, prevense choivas e/ou ventos localmente fortes, que poderán vir acompañadas de sarabia. Tamén poden producirse tormentas de intensidade superior de xeito puntual. 

Adopta as medidas preventivas necesarias e ante calquera emerxencia chame ó 112.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN A EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET, do CAE 112 Galicia e de Meteogalicia.

 



RELATED POSTS