A Feira do Viño de Vilachá desvela a súa programación musical

A Feira do Viño de Vilachá desvela a súa programación musical

Abril 28/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón dá a coñecer os grupos participantes na 29 Feira do Viño de Vilachá, que se celebra o sábado 7 e domingo 8 de maio no conxunto histórico de adegas da Abelaira.

O prato forte musical desta edición será a actuación do grupo Brassica Rapaprimeira fanfarria 100% feminina galega que encherá de ritmos o espazo da Abelaira.

Ademais participará un alto número de músicos da zona ou ligadas á Pobra do Brollón. Participará un total de doce grupos de Cantos de Taberna que se dividirán entre os dous días. 

Tamén tocará este ano a asociación monfortina Baturruka, que levarán o seu formato de batucada polos rueiros das adegas medievais.

Ademais, os Gaiteiros de Samoeiro terán o seu momento nesta edición. Trátase do grupo de gaitas formado por alumnos da Escola de Música Municipal Samoeiro, da Pobra do Brollón.

Horarios das actuacións musicais 

O sábado, dende media mañá participarán os grupos de cantos de taberna: Antoxo duns poucos, A Derradeira, O Recanto, As Macizas Centrais, Os Parrandas e Son do Mao.

A programación musical do sábado será pechada por Brassica Rapa cunha actuación prevista para as 22:30.

O domingo, abrirán os Gaiteiros de Samoeiro seguidos do pregón que dará paso a Baturruka.

O resto do día, a animación correrá a cargo dos grupos  Os Corenta e Chinco, Gaiteiros de Samoeiro, As Recuncadas, Searas, Skachakunchas, Os Somontanos e Os Tabernos.



RELATED POSTS