Amplíase o Campamento de Verán para facilitar a conciliación

Amplíase o Campamento de Verán para facilitar a conciliación

28 Xullo 2023/concello/Xeral

Ampliamos o horario do Campamento de Verán para facilitar a conciliación laboral e familiar.

O novo horario será de 8 da mañá a 4 da tarde, e ademais prolongarase ata o 31 de agosto.

As familias poden elixir que horas usar o servizo segundo conveniencia.

Actualmente as prazas están todas ocupadas polas familias xa inscritas no campamento de verán. Informaremos nas nosas redes sociais en caso de que queden prazas libres.

Este servizo de conciliación está financiado polo Plan Corresponsables no ámbito local, concedida pola Consellería de Igualdade da Xunta e polo Ministerio de Igualdade. 



RELACIONADO