Campamento de primavera en Cereixa

Campamento de primavera en Cereixa

Abril 01/concello/Cultura

Cereixa acolle do 14 ao 17 de abril un Campamento de primavera destinado a mozas e mozos de entre 8 e 15 anos. A actividade encádrase nas propostas do proxecto educativo sen ánimo de lucro, Altair Galiza. Para participar é necesario inscribirse a través do correo seteportaslaltair@gmail.com ou do teléfono 676 51 55 93. O obxectivo do campamento é aproveitar o tempo de lecer, desenvolvendo xogos e actividades na natureza, traballando con valores educativos non competitivos e explorando o autoconcepto. Favorécese a aprendizaxe libre nun espazo de diversión.

A actividade ten un custe de 50 euros para as socias e 70 para as non socias. Con estas actividades o equipo de goberno continúa coa aposta polo aproveitamento dos seus recursos culturais e patrimoniais do concello, tanto a nivel turístico como formativo. Ademais das actividades propias, o Concello apoia e dá cabida a propostas de diversas asociacións tanto locais como de fóra, fomentando o traballo en rede.



RELATED POSTS