Please enable JS

A Garda Civil incrementa a vixilancia na contorna de Samugueiros trala denuncia do concello por danos nas árbores das inmediacións

A Garda Civil incrementa a vixilancia na contorna de Samugueiros trala denuncia do concello por danos nas árbores das inmediacións

Setembro 14/concello/Xeral

O concello da Pobra do Brollón ven de presentar denuncia no cuartel da Garda Civil en Monforte, por delito de danos. Segundo o concello, neste verán, producíronse varios actos de sabotaxe na área recreativa de Samugueiros, na Avda. de Galicia, á entrada da localidade. O último na madrugada do 3 ao 4 setembro, cando na mañá do 4 de setembro se comprobou que na base das árbores que hai ao carón do chiringuito estacional de Samugueiros se tiña botado gasoil.

O alcalde, Xosé Lois Maceda, condena este tipo de actos que califica de sabotaxe e vandalismo e que non teñen outra intención máis que “provocar danos no medio natural e nos servizos dos que goza a veciñanza”.

Desde a Garda Civil faranse as investigacións correspondentes para detectar ao autor/autores destes feitos e incrementarán a vixilancia na zona.



RELATED POSTS