A Casa da Cultura acolle unha exposición sobre esgrafiados na Ribeira Sacra

exposición esgrafiados A Pobra do Brollón

A Casa da Cultura acolle unha exposición sobre esgrafiados na Ribeira Sacra

Agosto 07/concello/Cultura

Os esgrafiados son ornamentacións murais realizadas sobre morteiros en cal e area, con gran variedade de formas (frores, peixes, paxaros, motivos xeométricos, etc.).

É unha técnica que se dá en moitos sitios de Galicia, a Península Ibérica e mesmo Europa, aínda que na Ribeira Sacra hai unha concentración especialmente rica.

A partir do xoves, poderemos coñecer máis sobre os esgrafiados na Ribeira Sacra a través dunha exposición de fotografías de Mar López Sotelo na Casa da Cultura 'Olga Novo'. A exposición inclúe varios exemplos presentes no noso concello. 

A inauguración será este xoves 8 ás 20:00 e estarán presentes Puri Diaz Ferreiro (da adega Val do Frade en Vilachá) e o arqueólogo e historiador Xurxo Ayán. 



RELATED POSTS