Charla sobre 'ForestMap' este xoves 16 na Casa da Cultura

Charla sobre 'ForestMap' este xoves 16 na Casa da Cultura

Decembro 15/concello/Xeral

Saber a cantidade de madeira que hai nunha parcela e identificar aproveitamentos do monte son algúns dos obxectivos da tecnoloxía ForestMap, que pode emplearse tanto en montes comunais como particulares. Foi a ferramenta usada para inventariar os piñeirais do Distrito Forestal Terra de Lemos, no marco dun proxecto europeo pioneiro.

Coñece máis da man dos responsables do proxecto este xoves 16 na Casa da Cultura a partir das 12:30.



RELATED POSTS