Cita na casa da cultura o día 20         

Cita na casa da cultura o día 20         

Outubro 15/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón a través da Biblioteca Pública Municipal organiza para o día 20 unha nova proposta dentro da campaña Ler conta moito. A partir das 17.30h terá lugar o espectáculo “Os monicreques de Kukas- de Trebellos, Perellos e Fedellos” .

Trátase dunha actividade de dinamización con música, teatro e danza para todos os públicos, adultos e cativos. A cita será no salón de actos da Casa da Cultura “Olga Novo”.



RELATED POSTS