Como nos afectan as novas medidas sanitarias en vigor dende hoxe venres 26

Como nos afectan as novas medidas sanitarias en vigor dende hoxe venres 26

Febreiro 26/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN MÉRCORES 3 DE MARZO

Trala reunión onte martes do comité clínico da Xunta, decidiuse que A Pobra do Brollón seguirá no nivel de restrición alta a partir do venres 5. A partir dese día, mantéñense as medidas descritas abaixo, EXCEPTO, en materia de mobilidade.

Podemos movernos por concellos co mesmo nivel de restricións, excepto os que están nas áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra. Actualmente, esto significa que temos mobilidade entre os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.


Na Pobra do Brollón aplícase o nivel de restrición alta (nivel 2). Resumimos aquí as principais medidas, publicadas no DOG o xoves 25. Abaixo compartimos varios enlaces con información máis detallada.

  • Mobilidade
    • Podémonos mover por concellos co mesmo nivel de restricións, excepto os que estean nas áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Pontevedra. 
    • Isto significa que temos mobilidade entre os concellos de Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Rábade, Sober, Bande, Beade, Celanova, A Merca, A Mezquita, Punxín, Sandiás, Taboadela, Viana do Bolo, Verea, Xunqueira de Espadanedo, Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois, Tordoia, Moaña, Oia e Redondela.
    • Consulta a situación de outros concellos na páxina do Sergas 
  • O toque de queda mantense de 22:00 a 06:00 horas
  • As reunións sociais e familiares con non conviventes poden ser de ata 4 persoas, agás:
    • persoas soas poden incorporarse a outra unidade de convivencia 
    • menores cos seus proxenitores
    • asistencia persoas dependentes
  • Deporte
  • Hostalería
    • Abertas soamente terrazas, con 50% das mesas permitidas. Non está permitido o consumo en interior.
    • Ocupación máxima de 4 persoas por mesa en caso de non conviventes.
    • Pódese quitar a máscara unicamente no momento do consumo.
    • Horario de peche ao público ás 18:00 h.
    • Permítese recollida no local para levar ata as 21:30, e entregas a domicilio ata as 00:00. 

Enlaces con máis información:

Lista das medidas para concellos en nivel 2 na páxina web do Sergas

Medidas recollidas do DOG

Situación da mobilidade por concellos

Resumo das medidas para o deporte federado e non federado



RELATED POSTS