A compañía Os Quinquilláns interpretará 'A pluma viva de Rosalía' este sábado na Casa da Cultura

Mensaxe de erro

  • Notice: Undefined index: und en include() (liña 31 de /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und en include() (liña 43 de /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und en include() (liña 43 de /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).

A compañía Os Quinquilláns interpretará 'A pluma viva de Rosalía' este sábado na Casa da Cultura

20 Maio 2021/concello/Xeral

Este sábado 22, Tero Rodríguez e Lucho Penabade da compañía Os Quinquilláns interpretarán na Pobra do Brollón A pluma viva de Rosalía, un espectáculo baseado nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro.

No ano 1864 Rosalía de Castro visita por sorpresa a imprenta de Soto e Freire en Lugo. Catro textos brillantes, retranqueiros e satíricos da escritora están a punto de seren publicados, mais nas oficinas da imprenta acaba de acontecer un conflito moi violento e Rosalía vai descubrir que todo ten que ver con ela e a súa obra.

O espectáculo está indicado para público xuvenil e adulto (a partir de 9 anos). Será ás 20:00 h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. A entrada é de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.

A actividade está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. 



RELACIONADO