Contacontos no cole polo Día da Paz

Contacontos no cole polo Día da Paz

Xaneiro 27/concello/Xeral

O CEIP A Pobra do Brollón celebra este xoves 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Para conmemoralo, o Concello colabora organizando unha actividade de contacontos coa temática da convivencia e da paz.

A actividade comezará a partir das 11:45 no colexio e durará unha hora. Está dirixida aos nenos e nenas do centro, aínda que pode asistir o público xeral se así o desexan. 

Unha contacontos fará as delicias dos pequenos con títulos como Non se permiten nenas ou O gatiño negrobranco. Co repertorio de contos farase reflexionar aos pequenos sobre conceptos inseparables da Paz como a cooperación, a igualdade, a integración, a asertividade... 

O 30 de xaneiro celébrase o aniversario da morte do líder pacifista Mahatma Gandhi, que foi asasinado en 1948 por defender as ideas da non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza. É por este motivo que cada 30 de xaneiro promóvese o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 



RELATED POSTS