Déixate Guiar: Visitas guiadas de natureza e arqueoloxía Verán 2025

Déixate Guiar: Visitas guiadas de natureza e arqueoloxía Verán 2025

19 Xuño 2025/concello/Xeral

'Déixate guiar' é o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de catro visitas: Penas do Castelo, Cova das Choias, Castro de San Lourenzo e Adegas e Miradoiro de Vilachá.

As visitas ofrécense dende o 21 de xullo ao 14 de setembro, nos seguintes horarios: 

  • Castro de San Lourenzo: Luns 18h / Martes 11h / Mércores 11h
  • Penas do Castelo: Luns 11h / Xoves 11h / Venres 18h
  • Cova das Choias: Martes 18h / Xoves 18h
  • Adegas e miradoiro de Vilachá: Mércores 18h / Venres 11h

Reserva obrigatoria para todas as visitas no teléfono 603965082 (cunha antelación mínima de 24 horas e preferentemente por WhatsApp).​

Pódense reservar visitas en fin de semana (consultar dispoñibilidade).

O prezo por visita son 5€/persoa (menores de 12 anos, gratis). 

Hai un máximo de 15 persoas por grupo, excepto na visita a Cova das Choias, que ten un máximo de 10 persoas.

Penas do Castelo

Un intrigante xacemento pendurado sobre o río Lor na paisaxe protexida do Courel.

A través das súas impresionantes vistas coñeceremos a paisaxe, historia e tradicións da parroquia de Salcedo, famosa polo Entroido do Oso, pero que agocha moitas máis sorpresas.

Info práctica

Cova das Choias

Unha cova na que habita musgo luminiscente, colonias de morcegos e seres mitolóxicos.

A cova presenta moitos valores sobre os que priman os criterios de conservación dun santuario natural.

Trátase dunha visita moi limitada tanto no número de xente como nas veces nas que se pode acceder no ano coa intención de alterar o menos posible o equilibrio natural.

Info práctica

  • Punto de encontro: diante do Concello da Pobra do Brollón (Preme aquí para localización en Google Maps)
  • Desprazamento nos vehículos particulares
  • Hai un pequeno percorrido a pé ata a cova, cunha lixeira pendente
  • Para protexer a flora e a fauna da cova, esta visita está limitada a 10 persoas cada visita.

Adegas e Miradoiro de Vilachá

Coñece a Ribeira Sacra guímara visitando o conxunto de adegas medievais da Abelaira en Vilachá de Salvadur seguido dun paseo ata o Miradoiro da Capela. 

Divisaremos o lugar de Os Conventos, onde se realizaron as primeiras datacións científicas das terrazas da Ribeira Sacra, que permiten coñecer a orixe e evolución desta paisaxe vitícola.

Info práctica

Castro de San Lourenzo

Un castro que conta cunha antiga igrexa e un camposanto medieval. Coñece a historia do lugar e da parroquia de Cereixa a través dun proxecto de arqueoloxía en comunidade no que os veciños do pasado e do presente son os verdadeiros protagonistas.

Info práctica



RELACIONADO