E a foto gañadora de #EnredandoNosCantos é...

Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

E a foto gañadora de #EnredandoNosCantos é...

13 Decembro 2019/concello/Xeral

Para os IX Cantos de Taberna da Pobra do Brollón, celebrado o sábado 7 de decembro, pedimos aos asistentes que publicasen nas redes sociais as súas fotos da xornada. 

Usando o hashtag #EnredendoNosCantos e mencionando ao perfil do Concello, era posible entrar nun concurso de fotos e gañar un bono para un circuíto termal e unha noite para dúas persoas no Hotel Oca Augas Santas (Ferreira de Pantón).

Aínda que non foi doado elixir entre todas as fotos recibidas, finalmente a fotografía de Natalia Gómez terminou por seducir ao xurado tanto por estética como por contido, por reflectir de xeito tan bonito o presente e o futuro dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón.



RELACIONADO