A Escola de Música Municipal abre o prazo de matrícula para o novo curso o 7 de setembro

A Escola de Música Municipal abre o prazo de matrícula para o novo curso o 7 de setembro

Setembro 04/concello/Cultura

O prazo para matricularse na Escola de Música Municipal ‘Samoeiro’ para o curso 2020-2021 abre o luns 7 de setembro e remata o día 28 do mesmo mes.

Ofrécense as seguintes materias: 

  • baile tradicional
  • percusión tradicional
  • gaita
  • coro e formación vocal
  • frauta de pico, traveseira, requinta e frautín 
  • acordeón 
  • piano
  • iniciación musical, música e movemento e linguaxe musical (de 5 a 12 anos) 

Na maioría das materias faranse grupos para adultos e nenxs.

Na Escola de Música poden matricularse tanto persoas residentes na Pobra do Brollón como doutros concellos.

O prezo anual da matrícula nunha materia son 90€. Para cada materia adicional, son 45€. 

Ofrécese un prezo reducido para membros da mesma unidade familiar de 75€ a matrícula anual e 35€ por cada materia adicional. Enténdese por unidade familiar a formada exclusivamente por unha parella ou os fillos de calquera deles que figuren empadroados no mesmo domicilio.

Con ou sen prezo reducido, existe a posibilidade de fraccionar o pago.

Este curso, debido ao protocolo polo COVID-19, é obrigatoria a domiciliación bancaria da cota. A tal fin hai que achegar, xunto a solicitude, documentación acreditativa da conta bancaria.

A matrícula faise de xeito presencial na biblioteca municipal sita na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (2º andar), de luns a venres en horario de 11:00 a 13:30 horas. Para máis información, poden chamar nese horario no teléfono 982 430 546.

As clases desenvolveranse seguindo o protocolo recomendado de seguridade e hixiene.



RELATED POSTS