Información sobre a entrevista para o Obradoiro dual de emprego "Brollón-O Incio-Bóveda"

Información sobre a entrevista para o Obradoiro dual de emprego "Brollón-O Incio-Bóveda"

30 Novembro 2020/concello/Xeral

Por motivos de organización, hai cambios na hora da entrevista para os candidatos da Pobra do Brollón que desexen participar como alumnos no obradoiro dual de emprego "Brollón-O Incio-Bóveda".

A data da entrevista e presentación de méritos será o 9/12/2020 ás 16:00 no Concello do Incio (Praza de España nº 1, 27346 O Incio).

Os candidatos deberán ir provistos do DNI 10 minutos antes da realización da entrevista. Iranse chamando por orde segundo a lista do SPEG.

Toda documentación que desexen presentar para baremar o día da entrevista, deberá presentarse xa fotocopiada e compulsada. 

Consulta neste enlace máis información sobre o obradoiro. 



RELACIONADO