Fagamos por converter A Pobra do Brollón nun exemplo de calidade de vida, Xosé Lois Maceda Vilariño, alcalde da Pobra, na sesión constitutiva da Corporación Municipal.

Fagamos por converter A Pobra do Brollón nun exemplo de calidade de vida, Xosé Lois Maceda Vilariño, alcalde da Pobra, na sesión constitutiva da Corporación Municipal.

Xuño 16/concello/Xeral

Este sábado, 15 de xuño, celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consitorial da Pobra do Brollón a Sesión Constitutiva da Corporación Municipal.

Trala constitución da mesa de idade os concelleiros votaron ou prometeron seus cargos: Fernando Parada Vila do PP; Tamara Rodríguez do PSOE; José Luis Maceda Vilariño; Manuel González Moreira; Ricardo Rodicio González; Josefa Rodríguez Rodríguez; Mónica Rodríguez  Vázquez e Óscar Rivera López do BNG e Javier Quiroga Castro do PSOE. Posteriormente elexiuse ao alcalde con votación a man alzada, obtendo 6 votos o candidado do BNG e alcalde do Concello da Pobra do Brollón nos útimos 3 mandatos, Xosé Lois Maceda Vilariño, que despois de prometer o cargo como alcalde, recibiu o bastón de mando do Concello. 

O reelixido alcalde agradeceu a presenza dos veciños nesta sesión e destacou que como dixera seu compañeiro Ricardo antes de entrar á sesión, o poder emana do pobo e non dun bastón de mando, pero neste caso o alcalde quixo homenaxear ao veciño do Pino que o fixo e que xa faleceu. Xosé Lois Maceda comezou depois agradecendo a confianza depositada polos veciños, “A confianza dos veciños revalídase e aumenta co paso do tempo o que nos fai entender que o proxecto iniciado fai castro anos é o correcto e que estamos no rumbo axeitado. Creo que nestes 12 anos coñecémonos todos. Este goberno caracterizouse pola cercanía aos cidadáns, a ilusión que puxemos e a unidade e o esforzó por afacer unha Pobra máis agradable.

Priorizamos a política social, neste último mandado adicamos máis do 30% a política social e creamos 20 postos de traballo no sector da política social, un sector que consideramos estratéxico na opción de goberno. Apostamos tamén nos últimos anos pola promoción da nosa cultura e do noso patrimonio, porque formamos parte do Camiño de Inverno, estamos no horizonte do Xacobeo 2021, estamos tamén pedentes da declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade e somos porta de entrada ao Courel. Non podemos desperdiciar esta oportunidade que temos para desenvolver turísticamente o noso concello.

Non nos esquecemos estes anos do sector agrogandeiro, vitícola e forestal, mellorando infraestruturas. Por exemplo no sector gandeiro baixamos o IBI, no sector vitícola estamos en Vilachá co proxecto Adegas da Memoria. Estes catro anos van a ser decisivos para o Concello da Pobra do Brollón, poderemos falar dun antes e un despois.

Temos que concretar o proxecto da residencia, temos que concretar que o cuartel da Garda Civil se acabe convertendo nun albergue; e para as vivendas dos mestres presentamos o proxecto de crear 6 vivendas de carácter social. Imos actuar no edificio do colexio, na parte que lle corresponde ao concello. Imos arranxar a rúa da Peza, temos a ruta de sendeirismo dos Catro Cabaleiros. Temos proxectos que de xeito inmediato imos a poñer en marcha e seguir potenciando o turismo como factor de desenvolvemento económico para a Pobra do Brollón. 

Estes 4 anos serán apaixoantes e o noso compromiso é facer realidade os nosos proxectos. Para iso esperamos contar coa colaboración da oposición, para mellorar a calidade de vida no  Concello. Contamos tamén co apoio dos veciños porque sin eles non sería posible desenvolver estes proxectos. 

Para min é unha honra ser alcalde do Concello onde vivo e onde teño a familia, onde traballei, teño amigos,… O mellor que lle pode pasar a un político é sentir o  respaldo da xente e eu despois destas eleccións si o sentín. Síntome cunha carga de responsabilidade moitísimo maior porque temos máis apoio e tamén máis medo e respecto para non fallarlle á xente que depositou a súa confianza en nós. 

Na nosa intención está facelo o mellor posible pola Pobra e por todos os veciños e veciñas. Non queremos caer na autocomplacencia, pero hai que seguir traballando coas mesmas ganas de sempre, con humildade e coa mesma dedicación e empeño para concretar os proxectos. As portas da miña oficina seguirán abertas a todos. Agardo que a travesía de todos nós cos membros da oposición, sexa fructífera para o Concello. Esperamos o voso apoio e tamén atenderemos as vosas propostas. Fagamos por converter A Pobra do Brollón nun exemplo de calidade de vida. Espero non defraudarvos.”

voceira do PSOE, Tamara Rodríguez, destacou “Seguiremos coa nosa ocupación de servizo público. Faremos unha oposición seria, apoiando os proxectos que consideremos positivos para todos e estaremos pendentes de que todos os proxectos se fagan de maneira transparente, atendendo a todos os veciños por igual; e seguiremos pedindo respostas ante as dúbidas que nos trasladen os veciños.”

Desdeo PP, o voceiro, Fernando Parada sinalou: “Seguiremos taballando como ata o dagora; criticando o que haxa que criticar e apoiando o que haxa que apoiar como xa temos feito con este goberno cando non tiña maioría absoluta, cando houbo momentos que apoiamos ao BNG, e non temos problema en volver a facelo se os proxectos nos parecen interesantes para A Pobra do Brollón”.



RELATED POSTS