Información de interese sobre hortas e viñas de autoconsumo, queimas en explotacións agrícolas profesionais, e limpeza de faixas próximas ás vivendas

Información de interese sobre hortas e viñas de autoconsumo, queimas en explotacións agrícolas profesionais, e limpeza de faixas próximas ás vivendas

01 Maio 2020/concello/Xeral

Esta semana, a Consellería do Medio Rural da Xunta publicou unha orde pola que agricultores e viticultores non profesionais poidan realizar con maior facilidade desprazamentos ás súas leiras e viñas. Actualizamos esta información coa orde que publicou hoxe 1 de maio no BOE o Ministerio de Sanidade.                         

Elimínase a anterior limitación de 500 metros para que as persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, con fins non comerciais, poidan realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento dos seus cultivos sempre dentro do termo municipal da súa residencia habitual, ou nun termo municipal limítrofe.

Porén, poderase realizar desprazamentos máis longos para o coidado e alimentación de animais, ou no caso de que o consumo dos produtos da horta de autoconsumo resulte imprescindible para a subsistencia do interesado, en atención á súa situación socioeconómica. 

Non poderá haber máis de unha persoa na finca, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores ou por outra causa xustificada.

Consulta a orde no BOE que recolle estas condicións aquí.

Queimas en explotacións agrícolas profesionais e limpeza de faixas secundarias

A partir de agora poderán solicitarse autorizacións excepcionais por razóns fitosanitarias para a queima de restos agrícolas amoreados en explotacións profesionais. 

Por outra, apróbase levantar a suspensión do prazo legal para cumprir coa obriga de limpar as faixas secundarias (as dos 50 metros máis próximos ás vivendas). Neste caso, engádense á data límite habitual do 31 de maio os días que levamos de estado de alarma, de xeito que o prazo se prolonga ata o 16 de xullo de 2020 incluído.

Por tanto, reactívase a obriga da xestión da biomasa por parte dos particulares nas súas parcelas, ao tratarse de actuacións que forman parte da prevención e loita contra os incendios forestais.

Consulta máis información na páxina web da Xunta de Galicia.



RELACIONADO