Novo obradoiro dual de emprego Bóveda-O Incio-A Pobra do Brollón

Novo obradoiro dual de emprego Bóveda-O Incio-A Pobra do Brollón

Setembro 21/concello/Xeral

Preséntase para 2021-2022 un novo Obradoiro de emprego de Bóveda, O Incio e a Pobra do Brollón para 20 alumnos/as traballadores/as, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade. 

O concello promotor é Boveda, en convenio cos concellos de O Incio e A Pobra do Brollón. A duración do obradoiro será de 9 meses a xornada completa. As datas previstas son dende o 15 de outubro de 2021 ata o 14 de xullo de 2022.

As especialidades formativas a impartir son as seguintes:

- AGAO0108: “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” (7 alumnos/as) - A Pobra do Brollón

- AGAO0208: “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” (13 alumnos/as) – Bóveda e O Incio

Concretamente, no municipio da Pobra de Brollón as actuacións serán as seguintes: 

  • Acondicionamento de áreas verdes de titularidade municipal
  • Contorna da área recreativa e zona de baño Río Saa e Camiño de Abaixo
  • Centro de día de A Pobra de Brollón
  • Contorna do Grupo Escolar
  • Área recreativa da Pousa
  • Antigo Viveiro da estación
  • Marxes avenida de Outeiro

As entrevistas para a selección de persoal serán na Casa consistorial do Concello de Bóveda. Serán o 11 de outubro para alumnos/as e o 13 de outubro para director/a, monitores/as e administrativo/a. As horas das entrevistas están por confirmar.

A documentación presentarase o día da selección de persoal. Os alumnos/as previamente terán que estar inscritos na Oficina de Emprego de Monforte de Lemos.

Para máis información e apoio na preparación da documentación, poden contactar antes do xoves 7 de outubro nas oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón en horario de 8 a 14:30 horas, ou no tlf. 982 430 001.

Requisitos dos/as aspirantes

  • Pertenza ao ámbito territorial do Concello de A Pobra do Brollón.
  • A idade dos candidatos será de 18 ou máis anos e non poderán padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que corresponden ao posto convocado
  • A situación laboral será desempregado/a, inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e dispoñibles para o emprego, debendo cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e o aprendizaxe dende a súa incorporación ao proxecto.
  • Dado que este obradoiro é de nivel de calificación 1, non se requiren requisitos formativos específicos de acceso.

Será motivo de exclusión ter cursada a especialidade formativa que se programa neste obradoiro.

Terán preferencia aquelas persoas interesadas que non participasen en obradoiros de emprego nos últimos cinco anos anteriores ao presente, situándose ao final da lista por orde de puntuación obtida, aqueles que non cumpran este requisito.

Tamén terán preferencia as persoas que solicitaran este servizo a través da súa demanda de emprego, e dentro destas, aquelas que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción laboral.

Sistema de selección

O sistema de selección será o concurso, previa tramitación de oferta de emprego ante o Servizo de Emprego Público de Galicia na Oficina de emprego de Monforte de Lemos sita na rúa San Pedro, na que deberán estar inscritos.

Valoración dos méritos e acreditación (a presentar o día do proceso selectivo)

De acordo co disposto na orde de convocatoria, terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, tendo prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como:

  • os emigrantes retornados;
  • as mulleres en xeral; as mulleres vítimas de violencia de xénero;
  • as persoas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego; as persoas paradas de longa duración;
  • as persoas maiores de corenta e cinco anos;
  • as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 3 en que se require unha maior formación, xa que estes programas van dirixidos ás persoas que, con carácter xeral, carecen dunha cualificación profesional;
  • as persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos,
  • e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.

Documentos a presentar: 

  1. Muller - DNI 
    1. Muller víctima de violencia de xénero - Documento expedido por Admon Publica autonómica ou local correspondente
  2. Idade- DNI
  3. Discapacidade- Certificado de discapacidade
  4. Protección de desemprego- Documento acreditativo da oficina de emprego ou da Seguridade Social segundo sea o caso
  5. Tempo de desemprego dende o ultimo traballo-  Certificado da oficina de emprego.
  6. Categoría profesional (no traballo anterior segundo vida laboral actualizada)
  7. Pertenza a colectivos desfavorecidos ou risco de exclusión social Certificado dos Servizos Sociais do Concello ou organismo competente.
  8. Formación académica (Declaración responsable)
  9. Responsabilidades familiares/unidade familiar de convivencia (Libro de familia, certificado de inscrición como parella de feito, certificado de convivencia ou certificado de familia monoparental).
  10. Itinerario profesional (Certificado da oficina de emprego de ter planificado no seu itinerario profesional de inserción a súa participación neste programa).


RELATED POSTS