O Concello apoia os eventos públicos de carácter musical

O Concello apoia os eventos públicos de carácter musical

Abril 03/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón ven de facer público un bando no que se informa dun convenio que se ven de firmar coa SGAE (Sociedad General de Autores y Editores) e que vai a beneficiar a todas as comisións organizadoras de festas do Concello.

As comisións teñen a obriga de facer o pago da xestión dos dereitos de autor pola celebración das festas parroquiais e o Concello, como colaboración con todas esas festas durante este ano 2018, farase cargo dos gastos da SGAE.

 Os requisitos para que este custo o asuma o Concello son: 

- Que a festa se celebre dentro do termo municipal. 

- Que se teña concedida a correspondente licenza municipal. 

- Que nos carteis anunciadores da festa se faga constar ao Concello como entidade colaboradora. 

Para calquera dúbida ou aclaración poñerse en contacto co Concello en horario de 9 a 14 horas (teléfono 982430001).



RELATED POSTS