O Nadal na Pobra do Brollón

O Nadal na Pobra do Brollón

Decembro 12/concello/Cultura

Despois dos Cantos de Taberna e do Concurso de Tapas o concello da Pobra desenvolve a programación de Nadal. Entre os días 26 e 28 haberá Biblio Nadal para nenos con actividades sobre o Nadal, contacontos, postais, adornos,… Para participar é necesario inscribirse antes do 21 na biblioteca

O Apalpador visitará A Pobra do Brollón, o luns 24 de decembro, ás 12 estará no Centro de Día con nenos e maiores e ás 13.30 fará un pasarrúas polos bares do centro.

O día 30 ás 17.00, na Casa da Cultura “Olga Novo” cita co teatro coa obra “Queres que cho conte?” de Palimoco Teatro a través do ciclo "Nadal pola Provincia". O día 31, tamén na Casa da Cultura, celebrarase o baile de fin de ano; será a partir das 00.30 e estará amenizado polos dúos “Eclipse” e “Estrellas”.

O día 4 de xaneiro, a partir das 18.00 na Casa da Cultura, cita para todos os públicos con “A trastenda, un paxe real en apuros” de Caxoto Contacontos. A Cabalgata de Reis terá lugar o día 5 a partir das 16.30 da tarde, despois de percorrer as rúas da capitalidade municipal rematará na Casa da Cultura onde se entregarán os premios dos diferentes concursos.

E como todos os anos o Concello organiza o concurso de postais do Nadal. Para participar hai que ser menor de 30 anos e presentar o traballo antes do 21 de decembro. As bases pódense consultar na biblioteca e no Facebook do Concello. O mesmo procedemento séguese para o certame de poesía infantil do Nadal. Neste caso o prazo para a entrega dos traballos remata o 20 de decembro.

Para máis información poden dirixirse á Biblioteca ou chamar ao teléfono 982 43 05 46.

Desde o Concello desexamos a toda a veciñanza e visitantes un Feliz Nadal.



RELATED POSTS