Parabéns José L. Rodríguez Sánchez

Parabéns José L. Rodríguez Sánchez

Setembro 19/concello/Xeral

O investigador da Universidade de Santiago de Campostela, José L. Rodríguez Sánchez, natural da Ferreirúa, ven de ser premiado pola Sociedade Europea de Física. A súa tese foi, ademais, galardoada cun dos premios á mellor tese de doutorado do período 2015-2016 que concede a división de Física Nuclear da Sociedade Europea de Física e déronlle o premio ao mellor investigador novel da Comunidade de Núcleos Exóticos do acelerador de partículas FAIR. José Luis desenvolve a súa labor de investigación no acelerador FAIR do principal laboratorio de física nuclear en Europa, o laboratorio GSI en Alemaña.

O investigador, que no seu traballo utilizou unha nova técnica para estudar o proceso de fisión do núcleo atómico, agarda que os premios lle abran máis portas na súa carreira científica. Entre tanto segue en Alemaña coa beca concedida como membro do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, dependente da USC. 

Para o Concello é unha honra que José Luis sexa da Pobra do Brollón e o alcalde, Xosé Lois Maceda, en nome de todos os veciños felicítao polo seu traballo. “Os recoñecementos de José Luis levan o nome da Pobra do Brollón por todo o mundo e nuns ámbitos aos que nunca poderiamos chegar como concello, por iso e polo traballo que hai detrás destes recoñecementos quero facer pública as miñas felicitacións en nome de todos os veciños de José Luis” apunta o alcalde.



RELATED POSTS