Paradas do Punto Limpo Móbil no mes de maio

Paradas do Punto Limpo Móbil no mes de maio

Maio 02/concello/Xeral

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón para facilitarlles aos veciños a reciclaxe e depósito seguro de pequenos residuos contaminantes. No mes de maio fará as seguintes paradas:

Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:

  • Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)
  • Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos
  • Aceite usado de cociña
  • Pilas, baterías e acumuladores
  • Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes
  • Envases baleiros de pinturas
  • Tóners e cartuchos de impresoras

O punto limpo móbil forma parte do programa do Concello da Pobra do Brollón ‘Menos residuos, máis vida’. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder. 

Consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo da Pobra para a súa xestión correcta.



RELATED POSTS