A partir do luns 11 as oficinas municipais terán un novo horario de atención ao público

A partir do luns 11 as oficinas municipais terán un novo horario de atención ao público

Maio 08/concello/Xeral

A partir do próximo luns 11 de maio, e ata novo aviso, cambian os horarios de atención ao público na casa do concello e nas oficinas de Servizos Sociais.

Na casa do concello, atenderase de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas. Nas oficinas de Servizos Sociais (na Casa da Cultura), o horario de atención ao público será de luns a xoves de 9:30 a 14:00 horas.

Tanto na casa do concello como en Servizos Sociais, é recomendable pedir cita previa, seguindo as recomendacións sanitarias. Para consultas co alcalde e concelleiros, a cita previa é obrigatoria.

A cita previa para a casa do concello concértase chamando ao teléfono 982 430 001. Para Servizos Sociais, o número de contacto para citas previas é 982 430 447.

Á hora de acudir á súa cita, pregamos manter a distancia interpersoal de 2 metros e as medidas de hixiene recomendadas.



RELATED POSTS