Obradoiro dual de Emprego 2023-24

Obradoiro dual de Emprego 2023-24

05 Outubro 2023/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón acaba de ser beneficiario da subvención concedida para o Obradoiro dual de Emprego O Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda. A entidade promotora na edición 2023-2024 vai ser o Concello do Incio.

No caso do Concello da Pobra do Brollón, as actividades formativas centrarase na especialidade AGAO0108 denominada “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría”.

A duración do Obradoiro de emprego será de 12 meses, e o período de execución estimado será dende o día 6 de novembro de 2023 ata o 5 de novembro de 2024.

As bases de selección unha vez aprobadas, serán publicadas nos vindeiros días xunto cos impresos normalizados para solicitar, tanto na páxina web coma na sede electrónica do Concello da Pobra do Brollón.

As bases regularán a selección de 20 alumnos/as a xornada completa, distribuídos do seguinte xeito: 6 O Incio, 7 A Pobra do Brollón e  7 Bóveda.

A maiores seleccionaranse tamén 1 director/a, 3 docentes a xornada completa e 1 administrativo/a a media xornada. 

As persoas interesadas en solicitar, deben estar inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, carecer de ocupación remunerada e estar dispoñibles para o emprego. Este requisito debe manterse na súa data de incorporación ao proxecto.

Unha vez preseleccionados pola Oficina de Emprego correspondente, publicarase e será convocados polos respectivos Concellos para que no prazo de 2 días presenten a  documentación no rexistro dos Concellos participantes.

En todo caso, terán prioridade na selección aquelas persoas alumnas candidatas que non tiveran participado nos cinco últimos anos nun obradoiro de emprego, polo que aqueles que participaron en anteriores obradoiros pasarán ao final da lista na orde que lle corresponda tendo en conta a súa puntuación.

Serán causas de exclusión:

  • Non cumprir os requisitos esixidos nestas bases e na orde de convocatoria, no momento da súa incorporación ao obradoiro dual de emprego.
  • Ter cursado a especialidade formativa que se programa no obradoiro e para a cal foi seleccionado/a.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

-DNI ou calquera outro documento que acredite a identidade.

-Titulación que posúa o interesado.

-Certificado de discapacidade, expedido polo órgano competente.

-Libro de familia, no caso de cargas familiares.

-Vida laboral actualizada expedida pola Seguridade Social

-Certificado da Oficina de emprego da acreditación como demandante de emprego e inscrito, períodos de inscrición, e no caso de ter planificado o itinerario profesional de inserción a súa participación neste programa.

-Certificado de ser perceptor de prestación ou subsidio pola Oficina de emprego ou SEPE.

-Si pertenza a colectivo desfavorecido ou en risco de exclusión social, certificado do departamento de Servizos Sociais.



RELACIONADO