As pegadas do tempo na Ferreirúa con Noelia do Castor

As pegadas do tempo na Ferreirúa con Noelia do Castor

Novembro 14/concello/Xeral

Este domingo día 18 de novembro celébrase a V andaina outoniza que organiza o Concello da Pobra do Brollón. Nesta ocasión será Noelia do Castor a que nos introduza nas pegadas do tempo na Ferreirúa remexendo a memoria co amor e coa paisaxe.

A saída será ás 10.00 da mañá de diante do local social da Ferreirúa. Farase un percorrido circular de 5 km.  A andaina, de dificultade baixa, rematará ás 12.30 cun taquete. A actividade ten un prezo de 5 euros, sendo necesario inscribirse no 666 435 832.

Participa e vaite preparando para a seguinte proposta porque ao seguinte domingo celebramos una nova cita coas andainas outonizas. E os sábados xa sabes que temos en marcha as visitas outonizas.



RELATED POSTS