Please enable JS

A Pobra do Brollón concello pioneiro na provincia de Lugo en compostaxe comunitaria

A Pobra do Brollón concello pioneiro na provincia de Lugo en compostaxe comunitaria

Marzo 19/concello/Xeral

A Casa da Cultura da Pobra do Brollón acolleu esta fin de semana a presentación @s veciñ@s do Sistema de Compostaxe Comunitaria que o equipo de goberno pon en marcha na capitalidade municipal co lema “Menos residuos, máis vida!”.

A compostaxe é a maneira de converter os restos de comida e vexetais en fertilizante natural. Para compostar é preciso mesturar o lixo orgánico con restos leñosos e secos de podas, serraduras, follas… A transformación pódese realizar mediante un composteiro, sen ningún tipo de mecanismo nin gasto de mantemento.

No concello da Pobra do Brollón aplícase este sistema coa instalación de 6 composteiros comunitarios na capitalidade municipal como iniciativa piloto, seguindo o exemplo de concellos como Allariz e Pontevedra, e sendo pioneiros na provincia de Lugo neste tipo de iniciativas.

@s veciños recibiron do concello un manual sobre a compostaxe e os caldeiros para levar os residuos orgánicos dos seus fogares aos composteiros. A presentación rematou coa visita a un dos composteiros para ver in situ o seu modo de funcionamento, deposítase o lixo orgánico e cúbrese cun estruturante para evitar que haxa malos olores.

A Pobra do Brollón é un concello eminentemente rural e moi vinculado desde sempre ao medio natural. O concello quere afondar máis nesta vinculación e respecto pola natureza, por eso se instala este sistema que precisa da participación activa de cantos máis veciñ@s, mellor. Como se apuntou desde o equipo de goberno o obxectivo é desenvolver unha experiencia conxunta da que participen nen@s e maiores para continuar cun traballo de sensibilización sobre o medio natural que repercutirá no benestar de tod@s.

Algunhas das ventaxas da compostaxe comunitaria serán: aforro en fertilizantes, aforro na recollida do lixo, redución da contaminación, mellora da saúde da terra e das plantas e, entre outras cousas, mellora da reciclaxe do resto dos materiais do lixo.



RELATED POSTS