A Pobra do Brollón pasará ao nivel de restrición media a partir do luns 15

A Pobra do Brollón pasará ao nivel de restrición media a partir do luns 15

12 Marzo 2021/concello/Xeral

Trala xuntanza mantida do subcomité clínico esta mañá, a Xunta anunciou hoxe que o concello da Pobra do Brollón vaise situar a partir do luns 15 no nivel medio de restricións. 

Recuperaremos así a mobilidade coa maioría dos concellos de Galicia. Ademais poderá abrir a hostalería cunha ocupación do 30% no interior e 50% en terrazas. Poderemos xuntarnos en grupos de ata 4 persoas non convivintes. Consulta na web do Sergas a lista completa de medidas do nivel medio. 

A día de hoxe, segundo datos recibidos esta mañá do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, hai 2 casos activos por Covid-19 no municipio da Pobra do Brollón. 



RELACIONADO