A Pobra do Brollón remata 2017 cunha forte aposta polo turismo

A Pobra do Brollón remata 2017 cunha forte aposta polo turismo

Decembro 20/concello/Xeral

O concello da Pobra do Brollón pon en marcha neste mes de decembro tres iniciativas que supoñen unha aposta polo turismo. Ademáis de contar cun novo portal web no que o turismo ten un peso importante, estanse dando pasos de cara a configurar a Rede de Recursos Turíscos da Pobra do Brollón. A finais de novembro completábanse as 3 primeiras actuacións, realizadas coa colaboración do GDR Ribeira Sacra-Courel: Devesa de Loureiro e Sequeiros do Mazo, Mina Romana de ouro dos Medos e Aldea Mineira da Veneira de Roques. Nestes espazos limpáronse e acondicionáronse sendeiros para acceder aos recursos e instaláronse un total de 7 paneis interpretativos. No vindeiro ano seguirase mellorando a rede de recursos con actuacións de consolidación, sinalización, limpeza de sendeiros, colocación de paneis informativos,…noutros puntos de interese.

A terceira iniciativa é un breve vídeo promocional do concello para levalo a feiras  e citas turísticas e para poder velo en internet, tendo como referencia para esto a propia web do concello, con acceder á páxina ábresenos a posibilidade de ver o vídeo. 



RELATED POSTS