Programación de Nadal

Programación de Nadal

20 Decembro 2017/concello/Cultura

O Concello Da Pobra do Brollón está a desenvolver diferentes actividades dentro da programación de Nadal. Desde o pasado día 18 e ata o 6 de xaneiro  está en marcha o “Concurso de decoración do Nadal”. Concurso aberto a tod@s @s veciñ@s que decoren as fachadas, balcóns e outras partes do exterior das vivendas e tamén destinado a establecementos públicos que decoren os seus locais.

Entre o 26 e o 29 de decembro desenvolverase “Biblio Nadal”, talleres, manualidades, conta contos e clube de lectura para cativ@s. O día 23 o concello colabora co “Gatifoula” que se desenvolverá en Vilachá de Salvadur  para recadar fondos para o proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo. Actuarán: Avelino González, Alejrandro González e Luis O Caruncho. Haberá autobuses de subida e baixada desde A Pobra.

A partir das 00.30 do día 31 celebrarase o Baile de Fin de Ano con música en directo.

No Concello da Pobra comezaremos o  2018 con dúas actividades, “Teatro de marionetas” o día 3 e a tradicional “Cabalgata de Reis” do día 5. A saída da cabalgata será ás 16.30 do centro de día para rematar na casa da cultura.

Desde o concello convidámosvos a desfrutar deste Nadal tod@s xunt@s. Boas Festas!!



RELACIONADO