A unidade móbil de doazón de sangue chega á Pobra este xoves 9

A unidade móbil de doazón de sangue chega á Pobra este xoves 9

Xaneiro 07/concello/Xeral

O xoves 9 de xaneiro chega á Pobra do Brollón a unidade móbil para doar sangue de ADOS, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Sergas. Estará aparcado diante do cuartel da garda civil entre as 16:00 e as 18:30

Se vas doar, lembra levar o teu DNI. Agarda 2 horas despois do xantar antes de doar, e informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.

Os períodos vacacionais, como o Nadal e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda. Todos os días, precísase entre 400 e 500 doazóns para garantir a axeitada cobertura de compoñentes sanguíneos aos hospitais. Nestes momentos están baixas as reservas dos grupos cero positivo e cero negativo. 

No tríptico incluído abaixo hai máis información. Tamén podes consultar neste pdf da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue máis información sobre requisitos para doar sangue.



RELATED POSTS