Continúa a obriga para os viaxeiros/as que procedan de zonas de alta incidencia epidemiolóxica de notificar ao Sergas a súa chegada a Galicia

Continúa a obriga para os viaxeiros/as que procedan de zonas de alta incidencia epidemiolóxica de notificar ao Sergas a súa chegada a Galicia

Novembro 19/concello/Xeral

Recordamos que segue sendo obrigatorio que as persoas que cheguen a Galicia, incluído ao noso municipio A Pobra do Brollón, dende unha zona de alta incidencia epidemiolóxica, notifiquen a súa chegada a Sanidade.

Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha alta incidencia do Covid-19, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na comunidade ou non. 

Os viaxeiros terán un tempo de 24 horas dende a súa chegada a Galicia para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terá que realizar cada un dos viaxeiros.

A Consellería de Sanidade actualiza quincenalmente a lista de países e territorios que requiran desta obrigasergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs

A día de hoxe, a lista inclúe a a totalidade das comunidades autónomas de España (excepto Baleares, Canarias e a Comunidade Valenciana), 30 territorios europeos, todo o continente africano, e un gran número de territorios asiáticos e do continente americano. 

Modos de proporcionar a información

Para facilitar a información, os viaxeiros poderán cubrir o formulario que estará dispoñible na web sergas.es/A-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. 

Excepcións para persoas en tránsito continuado e outros supostos

As persoas que por motivos laborais ou similares realicen un tránsito continuado entre Galicia e outros territorios, deberán cubrir o formulario sen proporcionar a data de saída de Galicia. 

Na web do Sergas, recóllense supostos como que facer se o desprazamento é a territorios distintos, ou se a estancia en Galicia é en varias localidades.

Que debo facer se teño síntomas compatibles coa COVID-19?

As persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia deberán poñerse en contacto co seu médico de cabeceira, a través dunha consulta telefónica, para que este poida determinar o que proceda.

As persoas non residentes na Comunidade Autónoma de Galicia deberán poñerse en contacto co teléfono 881 00 20 21 a través do que recibirán as indicacións para acceder ás probas diagnósticas e, no seu caso, ao tratamento. Atenderáselles sen custo.

Algúns dos síntomas máis comúns compatibles coa COVID-19 son febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos.



RELATED POSTS