Queixa formal ante Fenosa por fallos no subministro eléctrico

Queixa formal ante Fenosa por fallos no subministro eléctrico

Xullo 06/concello/Xeral

 

Concello da Pobra do Brollón vén de presentar unha queixa formal ante Fenosa polos constantes fallos no subministro eléctrico. No escrito presentado infórmase de que o Concello da Pobra do Brollón leva tempo sufrindo constantes cortes do subministro eléctrico ao longo do día. Explícase que os cortes non están asociados a fenómenos de tormentas nin a outras causas meteorolóxicas. 

Estes cortes, que se repiten habitualmente, supoñen un perxuizo para os veciños e veciñas, xa que se ve interrompida tanto a prestación de servizos como a atención ao público en bancos, centro de saúde, comercios, concello, etc. Os cortes provocan tamén avarías en electrodomésticos, maquinaria, caixeiros automáticos e servizos en xeral. 

Nesta situación, o Concello da Pobra do Brollón presenta esta queixa formal a Unión Fenosa Distribución na que solicitan a rápida solución destas incidencias para evitar máis cortes, así como a revisión da rede de distribución para optimizar o servizo eléctrico que recibe a veciñanza do municipio. 



RELATED POSTS