Recibe os eventos da Pobra do Brollón no teu móbil con 'Info Guimaralia'

Recibe os eventos da Pobra do Brollón no teu móbil con 'Info Guimaralia'

22 Novembro 2022/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha un servizo para que as persoas interesadas poidan recibir información dos eventos do municipio por WhatsApp.

Trátase da lista de difusión 'Info Guimaralia'. Xa ten máis de 160 persoas subscritas que reciben a axenda do concello no seu móbil cada semana. Trátase polo xeral de difundir eventos culturais, aínda que puntualmente tamén se comparten outro tipo de eventos de interese xeral, como cursos.

Non é un grupo de WhatsApp, é unha lista, polo que os datos (nome e teléfono) das persoas subscritas non son compartidos co resto de persoas na lista. 

É un servizo totalmente gratuíto. É posible darse de baixa en calquera momento.

Para unirse a Info Guimaralia é preciso seguir estes pasos:

1) Gardar o número 650 624 828 nos teus contactos (é importante que o gardes para que cheguen as mensaxes).

2) Envíar unha mensaxe de whatsapp a ese teléfono coas palabras 'lista si'.



RELACIONADO